Ben, eu parto do suposto de que os galegos teñen agora e seguirán tendo no futuro a obriga de estudiar dúas linguas ibéricas: galego e castelán.
A idea é que na futura Iberia terían que escoller unha terceira lingua ibérica entre varias. Nese caso é fácil adiviñar que a preferida sería o catalán, por ser a máis coñecida e extendida despois de galegoportugués e castelán.
Tal así as cousas os que acabarían aprendendo as tres principais linguas ibéricas serían os galegos, e os cataláns, valencianos, e baleares.
Sobre abrir todas as portas, no caso de Galicia non é exactamente así. Hai moitas portas que non se che abren se non falas galego. Por mais que petes nelas.
O mesmo pasa nos territorios nos que se fala catalán. Hai portas que non se te abrirán se non falas catalán. Por iso a importancia de aprender esas linguas. Iso facilitaría as relacións entre xentes procedentes de tódolos estados dentro de Iberia.